servizos
Centro de Información en Diversidade e Sexualidade (CIDES)
Programa de apoio psicolóxico e xurídico especializado para persoas do colectivo LGTBIQ+
O Centro de Información en Diversidade e Sexualidade (CIDES) é un servizo impulsado pola Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra co obxectivo de ofrecer atenciónprofesional, acompañamento e apoio especializado ás persoas do colectivo LGTBIQ+, promovendo ao mesmo tempo a igualdade, o respecto e a visibilidade da diversidade sexual e de xénero.
O programa inclúe:
Atención psicolóxica individualizada, adaptada á realidade e necesidades do colectivo, orientada á mellora do benestar emocional e social.
Asesoramento xurídico especializado, que ofrece información e acompañamento en materia de dereitos, discriminación e delitos de odio.
Intervención integral e coordinada en casos de agresións lgtbifóbicas ou vulneración de dereitos, garantindo unha resposta profesional, segura e confidencial.
Presentacións e accións informativas en centros de ensino medio e superior, dirixidas á sensibilización, formación e creación de espazos educativos inclusivos.
Difusión de información e recursos a través das redes sociais e medios locais, que servirán como canle de comunicación, visibilidade e apoio ao colectivo.
O servizo préstase nas dependencias municipais situadas na Praza José Martí, 3º andar, Pontevedra.
Teléfono de contacto: +34 986 86 48 25
Correo electrónico: infocidespontevedra@gmail.com

